Será o 2.013 o ano de Carlos Casares?

O próximo mes de marzo cúmprense 10 anos do pasamento do escritor Carlos Casares. Con motivo deste acontecemento, o concello de Xinzo da Limia (vila da que foi nomeado fillo ilustre) celebrará unha semana (do día 5 ó 9 de marzo) adicada ó autor na que terán lugar unha serie de actos e reivindicacións, coa finalidade de conquerir, por parte da Xunta de Galicia, o compromiso de que o ano 2.013 sea declarado o Ano de Carlos Casares e que se lle adique o Día das Letras Galegas, tal e como indica o xornal La voz de Galicia na súa edición dixital de hoxe.

Comentarios