O XOGO DA GUERRA de Carlos Casares

O xogo da guerra e o primeiro relato do primeiro libro publicado polo escritor Carlos Casares, Vento ferido (1967).


O conto narra a historia de Rafael, un mociño que se ve na obriga de matar a un compañeiro de xogos para ser aceptado definitivamente no grupo. Deste xeito é detido e internado nun reformatorio. Alí ten como único xogo o o xogo da guerra, que consiste en cazar moscas durante o día e afogalas na pileta do baño pola noite. Mentres, Rafael planea a súa vinganza contra o Rata -que é o líder do seu antigo grupo de amigos e artífice do asasinato que el cometeu-: facer co Rata o mesmo que coas moscas, afogalo no río.

O tema central do conto é a importancia da pertenza a un grupo na idade da adolescencia. Carlos Casares amósanos unha situación non moi lonxana de sucesos que vivimos na actualidade: como un rapaz sofre a presión dun grupo e termina facendo algo que non quere para ser aceptado nese grupo de amigos ou compañeiros.

Seguramente algún de vós viviu algunha situación semexante (non tan violenta), algúns farían o que o grupo lle esixiu e outros non... Aquí xorde unha pregunta fundamental e de difícil resposta: quen é máis culpable, os que presionan, os que obrigan, ou o que comete a trasnada?

Deixovos a continuación unha curtametraxe realizada por uns alumnos dun instituto de Xinzo da Limia (pobo natal de Casares) na que se adapta á pantalla esta pequena obra, espero que vos guste:


Comentarios