Valentín Paz Andrade será homenaxeado no Día das Letras Galegas en 2012

Se fai só un par de semanas ou tres celebrábamos o Día das Letras Galegas -día adicado neste ano 2011 ó poeta Lois Pereiro-, xa coñecemos ó autor que será homenaxeado o vindeiro ano. Será o xurista, escritor, periodista e político galeguista pontevedrés Valentín Paz Andrade.

Xa iremos coñecendo cousiñas sobre a súa vida e obra a medida que se achegue a data da homenaxe, que aínda falta moito...

Comentarios