150º aniversario dos primeiros Xogos Florais

O vindeiro sábado, día 2 de xullo, cúmprense 150 anos da celebracións dos primeiros Xogos Florais, na cidade da Coruña (posteriormente celebraríanse en Pontevedra, Santiago, Ourense, Vigo e Tui). Corría o ano 1861 e para ese certame escribiron algúns dos seus primeiros poemas en galego autores do Rexurdimento como Eduardo Pondal ou Rosalía de Castro. Por certo, que o gañador foi o escritor coruñés Francisco Añón (Outes, A Coruña, 1812 - Madrid, 1878).

Con motivo desta efeméride, celebrarase o próximo sábado, 2 de xullo, ás 13:00 horas, na fachada do Teatro Colón da Coruña, un acto conmemorativo de libre asistencia baixo o lema "Unha estrela no ceo de Galicia", organizado pola Real Academia Galega (RAG), e que contará coa presencia de personalidades da cultura galega, música tradicional e, por suposto, un recital poético.

Comentarios