Esta semana limos o relato de Carlos Casares O xogo da Guerra. Como vos comentei, Casares é un dos principais representantes da Nova Narrativa Galega.
A Nova Narrativa Galega foi un movemento literario anovador, pois supuxo unha renovacion temática e estilística da literatura galega. Cando nos referimos á Nova Narrativa Galega non podemos falar de "xeración" (pois nos existía conciencia de grupo) aínda que os seus representantes e obras comparten unha serie de características comúns:
- Estamos a falar de escritores cuia producción comeza nos anos 50 e 60 do século XX. Entre os seus representantes cabe destacar a: Carlos Casares, Xosé Luís Méndez Ferrín (o actual presidente da Real Academia Galega), Xosé Neira Vilas, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán, Gonzalo Rodríguez Mourullo, etc.
- Estes escritores teñen estudos universitarios, viaxan ó estranxeiro, coñecen idiomas…
- Amosan interese pola literatura europea moderna. Os seus modelos literarios son os narradores europeos do século XX: Joyce, Kafka...
- Inician unha renovación temática e formal.
- Novos temas: situacións violentas, presenza da sexualidade, absurdo existencial, etc.
- Protagonismo dos espazos urbanos.
- Dinamización da linguaxe, sinxeleza sintáctica, condensación expresiva.- Emprego do monólogo interior.
- Desaparicion da trama argumental lóxica.
- Ruptura da linealidade.
- Localización espacial imprecisa.
- Creación de mundo imaxinarios.
- Perda da unidade do suxeito.
- Uso de distintos narradores nun mesmo relato.
Comentarios
Publicar un comentario