viernes, 13 de abril de 2012

UN MILLÓN DE VACAS de Manuel Rivas (II)

En Un Millón de vacas, Manuel Rivas achéganos a un problema da sociedade galega actual como é o envellecemento da poboacion a través dunha anécdota que ben poidera ter acontecido na realidade.

Viaxando no seu coche sen rumbo definido, o narrador recolle a unha anciá que está facendo autostop. A muller afirma ter perdido o coche de liña para ir ó médico. A situación de partida pode resultar curiosa para os que somos de cidade pero nas nosas aldeas non é estrano que as persoas maiores paren un coche para que os achegue ó seu destino.

Unha vez dentro do vehículo, a anciá e o conductor conectan enseguida. A señora amósase como unha persoa aberta, faladora, extravertida e cóntalle ó home parte da súa vida: como hai un tempo o seu fillo (que fora a gañarse o pan e facer a súa vida á capita, o "éxodo rural"...) levouna a vivir con el a Madrid, sen pedirlle a súa opinión, decidindo por ela o que mellor lle conviña, como non foi capaz de adaptarse á vida da capital, onde hai moito ruido e cada un vai ó seu. Alí a muller sentíase inútil, un estorbo, xa que, abandonada a súa casa e o seu gando, as súas tarefas cotiás, na aldea, alí onde ela era imprescindible, no pequeno piso madrileño a sú nora era a "xefa" e non lle deixaba facer nada.

A protagonista resístese a ser unha mías dese "millón de vacas" das que fala o locutor radiofónico ó principio do relato e volve á aldea -deixando ó seu fillo e á súa nora seguir coa súa vida-, á súa maneira, coidando da súa casa e dos seus animais ou, porque non, indo ó baile e botándose un mozo.


O escritor coruñés sírvese de varias ferramentas para aportar credibilidade ó conto. Unha delas é unha localización espacial más ou menos precisa e realista. No texto atopamos nomes de lugares reais: Soutomaior, Vigo, Meixoeiro (dende onde se ve a ría de Vigo), a discoteca Nova Olimpia, Madrid.

Rivas válese tamén do uso do detalle (a sinais horarias na radio do coche) pero os aspectos que máis nos fan crer nesta historia como feito real, son o uso da linguaxe e a identificación cunha personaxe fácilmente identificable por todos nós, os galegos.

Se obervamos ben o texto, veremos que Rivas, cando fala por boca da anciá, nos emprega un galego normativo, senón que fala como calquera muller dunha aldea de Soutomaior o faría, empregando diminutivos ("neniño", "delgadiña", "criaturiña"), expresións coloquiais ("comíanme os demos", "mala chispa a confunda"), castelanismos e hipergaleguismos ("tercera edá" por "terceira idade").

No hay comentarios:

Publicar un comentario