lunes, 30 de mayo de 2011

A SECA de Xosé Neira Vilas (II)

Vimos de ler o relato A seca de Xosé Neira Vilas. O tema central do relato é o enfrentamento desigual entre o campesiño e a natureza.

Ó comezo da narración, a natureza, omnipotente, castiga ós labregos cunha seca que está a rematar coas colleitas e coas esperanzas dos campesiños dunha aldea galega. Desvalidos, os labregos aceptan a situación con resignación e recorren á única solución que se lles ocorre para solventar a problemática situación, aínda que sen convicción: sacar os santos á rúa e facer rogativas.

A natureza parece que lles da un respiro cunhas precipitacións reconfortantes pero, ó pouco tempo, esas choivas convértense nun temporal que acaba por asolagar toda a aldea e arrasar cos cultivos.

Obsérvanse neste conto, polo tanto, tres momentos que coinciden con tres estados de ánimo: a seca, momento de tristura; as primeiras precipitacións, que traen a ledicia á vida dos campesiños; e a treboada, as inundacións, que lles devolve ó seu estado orixinal (e ó parecer irrenunciable) de desánimo e tristeza.

A pesar de todo, o texto remata cun raio de esperanza: "Algún día ha ser. O home vencerá todas as madías da natureza".

No hay comentarios:

Publicar un comentario