miércoles, 18 de mayo de 2011

Letras Galegas 2011. LOIS PEREIRO

Despois de varios días de merecido descanso, estamos de volta para celebrar o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado ó poeta Lois Pereiro.

De seguro que a estas alturas a todos vos sona este nome, aínda que hai só uns meses era un completo descoñecido para a maior parte de nós. Non vos vou aburrir con detalles da súa vida e obra (hoxe programaron interesantes especiais na TVG e sairon numerosos artigos en prensa que afondaron nestes aspectos), somentes deixareivos un breve vídeo narrado por unha persoa que o coñecía ben, o seu irmán.



Na próxima sesión do noso Taller de Lectura, como non podía ser doutro xeito, leremos algún poema de Lois Pereiro pero, ademais, traereivos tamén un pequeno relato dun escritor que de seguro será homenaxeado en anos vindeiros, Carlos Casares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario